jueves, 29 de junio de 2017

SAÍDA Á GRANXA-ESCOLA BELELLE!

Esta será a penúltima ou antepenúltima entrada deste curso 2016/2017 coa que a vosa mestra vos quere dar as GRAZAS. Grazas por este maravilloso curso, grazas por cada sorriso, grazas por cada palabra bonita, grazas por cada carantoña, grazas por facerme rir a diario, grazas por avanzar ao meu carón, grazas por ser tan agradecidos, grazas por... TODO! En setembro máis e mellor.
Con esta saída á Belelle na que non o puidemos pasar mellor, despedimos o curso. Aquí vos deixamos algunha instantánea que o amosa...
 

martes, 27 de junio de 2017

FELICIDADES NOA!

O pasado 10 de xuño, a nosa compañeira Noa, estivo de aniversario. Celebrouno con nós na escola, convidándonos a una deliciosa merenda: biscoito e zumes! Umm, como nos prestou! Parabéns Noa! Moitas grazas por todo.









domingo, 11 de junio de 2017

FELICIDADES NOEMÍ!

O 4 de xuño foi o aniversario da nosa compañeira Noemí: 5 anos! Celebrámolo na escola con unha divertida festa, na que ela nos convidou a merendar: un delicioso biscoito e zumes... ummm... puxémonos as botas! Moitas felicidades Noemí e moitas grazas por compartir con nós esta celebración.