lunes, 15 de mayo de 2017

MANS... Á MASA!

Sí, sí, mans á masa foi a principal actividade do pasado mércores na nosa escola! E como nos gustou... Todo partiu da experiencia que nos contou un compañeiro que fixera una fin de semana pan na súa casa. Entón aos demais entrounos a curiosidade e... cando a mestra nos propuxo facelo na escola... SIIIIIIII gritamos todos a unha! E... por fin chegou o día. Comezamos vendo, tocando e ulindo os ingredientes e chamounos especialmente a atención a levadura, que estaba como húmida e tiña un ulido algo forte. "Esa lavadora bótalla abuela á masa"- dicía algún.
De seguido mesturamos todos os ingredientes nun pequeño "volcán" e... a amasar! Despois deixamos levedar a masa e por último démoslle forma aos nosos boliños e metémolos a cocer no forno. 
Logo levámolos á casa e... ao parecer estaban bos pero... non tiñan moito sal! Bueno... para ser a primeira vez... non estivo mal! Bo proveito!

No hay comentarios:

Publicar un comentario