martes, 27 de octubre de 2015

COMEZA O SAMAÍN

Esta semana... Samaín! E comezamos decorando a aula, coa axuda de Vanesa, que traballou moito con nós. Moitas grazas! Seguiremos valeirando unha cabaza, facendo máscaras...

CANTAMOS CON SUSA HERRERA

E que ben o pasamos... sobre todo aqueles/as aos que nos gusta cantar e bailar! 
Antes de saír merendamos unhas galletas e de seguido... viaxe en autobús! qué ilusión! Lástima que fora tan corta a viaxe... Pero pronto faremos unha máis longa.





COMEZARON OS RECREOS DENTRO...

Pois parece ser que despois de disfrutar dun comezo de outono soleado... xa chega a choiva para quedar con nós uns días, polo que toca xogar dentro da aula. Pero... aínda así, pasámolo en grande!






martes, 20 de octubre de 2015

FELICIDADES PABLO!

Recentemente celebramos o cumple de Pablo, que naceu un 10 de outubro. Agasallounos con unha merenda deliciosa: un biscoito que fixeron él e a súa nai (que estaba riquísimo, pensamos non poder parar de comer!) e uns zumes. Moitas grazas por todo Pablo! E a disfrutar dos 5 anos! Moitas FELICIDADES!




















AÍNDA QUE NON O PAREZA... CHEGOU O OUTONO!

Pois sí, por sorte para nós, estamos a gozar duns días de sol estupendos pero... no patio xa hai follas, ourizos que caen e nos amosan as castañas... sinal de que o outono xa chegou!
E nós estamos a plasmalo nun mural que estamos facendo coa axuda de mestras e compañeiros/as: unhas árbores sen follas, unha cesta de froitos secos... e algo máis estamos preparando...