martes, 14 de julio de 2015

ATA CANDO QUEIRADES!

E moi ao noso pesar, chegou o día no que os maiores da escola (Adrián, Iria, Lucía, Manu, Martín, Nadyara e Yeray) teñen que coller rumbo a Educación Primaria, pois xa medraron moito... 
Desexamos que vos vaia tan ben como vos foi aquí, con nós. Que sexades moi felices. E non vos olvidedes de nós, podedes visitarnos cando queirades. Moita sorte!
Aquí deixamos esta fotografía da clase do curso 2014/2015 para o recordo.


A NOSA COLLEITA

Xusto antes de marchar de vacacións volvemos á horta para recoller o que sementamos: patacas, allos e cebolas (pois os ervellos aínda estaban medrando). As patacas eran bastante grandes, as cebolas medianas, pero os allos... non se nos deron moi ben... Esperemos que o próximo ano sexa mellor! Aínda así, demostramos estar preparados para ter o noso horto, polo que estamos moi contentos! Ademais... é moi divertido isto de andar remexendo na terra e regando... 
































FELICIDADES VERANIEGAS...

Adrián, Manu, Nadyara e Yeray naceron no verán, polo que cando están de aniversario non estamos na escola, estamos de vacacións. Pero, aínda así, non ían quedar sen celebración na escola, polo que a adiantamos un pouquiño. Tamén eles trouxeron uns deliciosos biscoitos e zumes  para compartir con nós. Felicidades! Que o pasedes moi ben no voso día.