domingo, 12 de octubre de 2014

FELICIDADES PABLO!

O pasado venres Pablo estivo de cumple, nada menos que 4 anos! Así que na escola tamén o celebramos. E para a ocasión convidounos a merendar un riquísimo biscoito do que... pouco quedou! É que estaba moi bo... e tamén é certo que como era tan grande, Pablo decidiu dárllelo á probar aos nenos/as da aula de 3 anos. Moitas grazas Pablo, polo biscoito e os zumes! e sobre todo... MOITAS FELICIDADES!


miércoles, 1 de octubre de 2014

SEMENTAMOS NABIZAS

Xa que o bo tempo nos segue acompañando, nós tamén seguimos traballando no horto. 
Resulta que xa nos desapareceu unha leituga... qué pena! esperemos que non sigan desaparecendo... e para evitalo, investigamos e chegamos á conclusión de que pode ser que os caracois sexan os responsables da misteriosa desaparición. Así que buscamos un remedio para evitar as súas visitas ó noso horto: rodealo de borralla. Sí, sí, de borralla. Porque así non poden acceder, pois como teñen moita baba, pegaríaselles toda a borralla. 





Tamén aproveitamos para sementar nabizas, que xa pronto chega o tempo do cocido... umm! qué rico está! xa se nos fai a boca auga e aínda non naceron as nabizas.


SOMOS AMABLES

Estes primeiros días do curso estamos repasando as principais normas así como as fórmulas de cortesía e... aínda que non o creades... non nos olvidamos de case nada!
E precisamente para recordalo a diario e non se nos olvide, fixemos estes carteis para a nosa aula, onde explicamos cando usamos Por favor e Gracias. 
Agora queda o mellor, a posta en práctica!




SEMENTANDO IDEAS SAUDABLES!

Como vos adiantamos... este curso imos ter un horto na escola! Esperamos poder chegar a probar algunha verdura da nosa propia colleita!
O principal proxecto do curso, Sementando ideas saudables, comeza a rodar...
E como podedes comprobar nas fotografías, comezamos acondicionando a terra, sachando, sacando pedras e abonando un pouco... para despois colocar as primeiras plantas: coliflor e leitugas.
Agora temos que regalas todos os días (a non ser que chova) e esa vai ser tarefa do encargado/a de cada día.

AS FABAS MÁXICAS!

De novo volvemos ter unha xornada fóra da escola o pasado xoves para ir ver unha entretida obra de teatro coa que nos rimos bastante: "As fabas máxicas". Teremos que poñernos nós tamén a plantar no noso horto a ver se conseguimos o mesmo resultado...
Despois gozamos duns xogos ó aire libre, aproveitando que facía un día estupendo. Xogamos á estatua, ó brilé, ó zapatiño por detrás... e rematamos xogando todos co paracaídas, que tanto nos gusta...