martes, 26 de noviembre de 2013

INVESTIGAMOS SOBRE O MAR...

Acabamos de descubrir que no mundo hai moitísima auga... e que se divide en varios océanos, cada un co seu nome. Así que nos dispuxemos a representalo: pintamos, barnizamos, e escribimos os seus nomes!







DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Como en Neaño todos estamos en contra de todo tipo de violencia, expresámolo deste xeito no Día Mundial contra a violencia de xénero. Así luce agora a porta da nosa escola.

martes, 19 de noviembre de 2013

SORPRESA!!

Vaia sorpresa! Hoxe cando chegamos á aula había un planeta no centro da aula... é o globo terráqueo!! Xa vedes que xa nin sacamos as chaquetas... fomos rápido a mirar contientes e océanos... porque imos comezar a investigar sobre o mar...





REMATAMOS O MURAL DE OUTONO!

Xa vos contamos hai un tempo que chegara o outono a Neaño... e que estábamos facendo un mural. Pois, por fin o rematamos! E deixámosvos aquí unhas fotos para que vexades cantas cousas aprendemos... Esperamos que vos guste!

 

FELICIDADES ROI!

O pasado venres celebramos o cumple de Roi, que xa ten 3 anos. E trouxo para celebralo con nós un fermosísimo e riquísimo biscoito con forma de oso! e adornado con chocolate, lacasitos e gominolas! e sobre todo... qué rico estaba! Non hai máis que mirar as fotos... Grazas Roi! E moitas felicidades!

POR FIN CELEBRAMOS O MAGOSTO!

E chegou o gran día! No que imos celebramos o magosto acompañados de todos os nenos, nenas e mestras do CRA! Ademais celebramos tamén o Día do Patrimonio Cultural Oral de Cabana e... ata saímos na tele! Moitas grazas a todos e todas os que nos axudáchedes a organizar todo isto... Pasámolo xenial. E que ricas estaban as castañas... ummm!

viernes, 15 de noviembre de 2013

PREPARÁNDONOS PARA O MAGOSTO...

Antes da celebración do Magosto, necesitamos ter un recipiente para coller as castañas asadas e poder probalas... uummmm... xa se nos fai a boca auga...

martes, 5 de noviembre de 2013

FELICIDADES LUCÍA!!

Buff! Rematamos o 30 de outubro... AGOTADOS! Canta celebración! Porque ademais do Samaín... Tamén estivo de cumple Lucía. Xa ten 4 anos e para celebralo tróuxonos unha tarta e unhas gallegas riquísimas! Gracias Lucía! E moitas felicidades!