miércoles, 30 de octubre de 2013

CELEBRAMOS O SAMAÍN!

Hoxe no CRA "Os Remuíños" estamos de festa... pois celebramos o Samaín. E decoramos a escola con cabazas, morcegos, arañas, bruxas... Tallamos unha cabaza e algúns nenos e nenas ata trouxeron algunhas da casa... que estaban preciosas! Temos que darlle as grazas a Lucía, Yeray, Nadyara e Ander, que nos axudaron coa decoración. Tamén fixemos cada un unha bruxa! unha bruxa, moi, moi fea... que levamos á casa. E por suposto, non podía faltar unha máscara, e fixemos unha de morcego! Por último, PINTAMOS A CARA!! Mirade qué guapos/as!

martes, 29 de octubre de 2013

CHEGA O OUTONO A NEAÑO!

Dende hai unhas semanas, estamos observando que no patio hai follas tiradas, ourizos, castañas... estamos en OUTONO!
 Por iso comezamos a mirar libros do outono, cancións... e estamos descubrindo diferentes froitos desta estación e facendo un mural sobre este tema.
 Aquí vos deixamos a mostra de canto estamos a traballar... Próximamente ensinarémosvos o resultado final



martes, 15 de octubre de 2013

PABLO CUMPLE 3 ANOS!

 O xoves 8 de outubro celebramos o cumple de Pablo que trouxo un biscoito moi especial para compartir con todos nós. Era un biscoito cunha cara! qué bonito! Grazas Pablo... 

martes, 1 de octubre de 2013

BENVIDOS AO CURSO 2013/2014

3, 2, 1... COMEZAMOS! Benvidos ao novo curso a nenos, nenas e familias. Preparados para esta nova aventura? Pois vamos aló! E comezamos... presentándonos!