miércoles, 27 de junio de 2018

FELICIDADES ADIANTADAS A CARLA, GIOVANNA E YOEL!

Carla, Giovanna e Yoel, van poder celebrar o seu aniversario na praia! pois naceron no verán. E como non estaremos na escola... pois adiantamos un pouquiño aquí a súa celebración e xusto antes de rematar o trimestre, convidáronnos a unha rica merenda e... incluso sopraron a vela! Moitos parabéns adiantados para vós e que o pasedes moi ben no voso día.
E moitas grazas pola merenda!


viernes, 15 de junio de 2018

FELICIDADES NOA!

E... seguimos de festa! Desta vez, foi Noa a que nos convidou a unha deliciosa merenda, pois o pasado día 10 estivo de aniversario! Moitos parabéns para ti Noa! Esperamos que gozaras tanto coma nós deste día!
E moitísimas grazas por esta merenda tan rica, con ese chocolate e eses lacasitos... ummm! Unha vez máis, "chupámonos os dedos". Qué sorte temos con estes compañeiros/as e familias!







 

martes, 5 de junio de 2018

FELICIDADES NOEMÍ!

Ayyyy... como pasa o tempo... parece que foi onte cando Noemí entrou por primeira vez pola porta da escola e... onte, 4 de xuño, xa celebrábamos con ela o seu aniversario número 6!! Qué maior!!
Así que... de novo festa rachada e merenda deliciosa, pois Noemí, trouxo para compartir con todos nós un rico biscoito cuberto de chocolate e uns zumes! Como se adoita dicir... "puxémonos as botas"!
Moitas grazas Noemí e moitos parabéns para ti!








FELICIDADES XABI!

O pasado 13 de maio, o noso compañeiro Xabier, estaba de aniversario, 4 anos!!
E, por suposto, celebrámolo todos xuntos na escola, pois él e a súa familia, agasalláronnos con unha deliciosa merenda, un biscoito que Xabi axudou a preparar con moita ilusión, e uns zumes. E... qué rico estaba!
Moitas grazas Xabi! e moitos parabéns para ti!
 








 

lunes, 7 de mayo de 2018

VISITAMOS A NOSA TERRA!

E... por fin deixou de chover e puidemos visitar o noso contorno máis próximo. E aproveitamos ben o día: comezamos facendo de arqueólogos/as na escola de Borneiro para despois ir a visitar o dolmen de Dombate. 
De seguido dirixímonos ao castro de Borneiro, onde nos esperaba Lito para explicarnos como se vivía alí.
Por último, e despois de facer unha breve parada para comer e repoñer forzas, o señor Antonio, moi amablemente ensinounos e explicounos como funciona o único muíño que aínda xira, no Rego dos Muíños. Qué día máis productivo!

domingo, 22 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO

Un ano máis, conmemoramos o Día do Libro, no CPI "As Revoltas", onde os nosos compañeiros/as tiñan preparados varios talleres moi divertidos, a partir do conto "Soy un artista": pintamos, escribimos e debuxamos en bolsas máxicas, pintamos sal, cantamos e bailamos, elaboramos marcapáxinas, debuxamos o noso retrato... e sobre todo e o máis importante, pasamos unha xornada de convivencia con outros nenos/as, aprendendo a importancia dos libros nas nosas vidas. Pasámolo en grande!


SAÍDA Á CORUÑA

O pasado mércores 18 de abril, subimos no bus, que tanto nos gusta, e dirixímonos á Coruña á ver e escoitar o musical "Pequeno circo", durante o que a paiasa Tomasa e a equilibrista Calixta, nos sacaron unhas boas gargalladas... Puidemos escoitar una trompeta, un piano, un acordeón e unha batería! Pasámolo xenial! Xa estamos agardando con ansia a próxima saída.